Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1933 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 9 de agosto de 2023 ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Guerneville (pt) ![]() ![]() |
País de nacionalidade | España Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade da Habana Art Institute of Chicago Cranbrook Academy of Art (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Textile design (en) ![]() ![]() |
Ocupación | artista , tecelá ![]() |
Empregador | Tyler School of Art (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Premios
|
Adela Lloret Varela, máis coñecida como Adela Akers, nada o 7 de febreiro de 1933 en Santiago de Compostela, é unha artista téxtil estadounidense.[1][2]
Nada en Santiago de Compostela poucos anos antes da Guerra Civil española criouse en Cuba. Graduouse na Universidade da Habana, en Farmacoloxía. Logo foi alumna do Instituto de Arte de Chicago e da Academia de Arte Cranbrook, e despois foi texedora en residencia da Escola de Oficios Penland en Spruce Pine.[4] Reside en Guerneville, California.
A súa obra está representada na Galería Renwick, o Metropolitan Museum of Art e no Museo de Arte e Deseño de Nova York. Algúns dos seus papeis están depositados nos Arquivos de Arte Americana.[5]