Afonso Sanchez
Nacemento24 de maio de 1289
Lugar de nacementoCerva
Falecemento2 de novembro de 1329 (40 anos)
Lugar de falecementoEscalona
NacionalidadeReino de Portugal
Ocupacióntrobador e poeta
PaiDinis de Portugal
NaiAldonça de Sousa
FillosJoão Afonso de Albuquerque
IrmánsConstança de Portugal, Don Pedro, conde de Barcelos e Afonso IV de Portugal
editar datos en Wikidata ]

Afonso Sanchez, nado en Cerva (Vila Real) o 24 de maio de 1289 e finado en Escalona (provincia de Toledo) o 2 de novembro de 1329, foi un infante e trobador portugués, fillo bastardo do rei don Dinís.

Traxectoria

Grazas a que a raíña Isabel chamou a todos os fillos do rei para a corte, tivo unha educación de calidade e o aprecio do rei, que o recoñeceu como lexítimo o 8 de maio de 1304, e o nomeou mordomo da coroa, unha especie de primeiro ministro, provocando os celos do herdeiro da coroa, Afonso. Isto levou á guerra civil (1319-1324) e á tentativa de Afonso Sanchez de invadir Portugal dende Castela, onde estaba exiliado e tiña o título de señor de Albuquerque, construíndo un castelo no que Inés de Castro viviu varios anos.

Distinguiuse como trobador e consérvanse 15 cantigas súas, a maioría de amor, nun estilo moi culto.

Véxase tamén

Bibliografía