Aleix Vidal | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Aleix Vidal Parreu | ||
Nacemento | 21 de agosto de 1989 (35 anos) | ||
Lugar de nacemento | Puigpelat | ||
Altura | 1,76 m. | ||
Posición | Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Sevilla | ||
Número | 11 | ||
Carreira xuvenil | |||
2000–2001 | Valls | ||
2001–2002 | Barcelona | ||
2002–2003 | Cambrils | ||
2003–2004 | Gimnàstic | ||
2004–2006 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2008–2009 | Espanyol B | 2 | (0) |
2009 | → Panthrakikos (cedido) | 8 | (0) |
2009–2010 | Pobla de Mafumet | 31 | (7) |
2009–2010 | Gimnàstic | 2 | (0) |
2010–2011 | Mallorca B | 35 | (6) |
2011 | Almería B | 1 | (2) |
2011–2014 | Almería | 120 | (17) |
2014–2015 | Sevilla | 31 | (4) |
2015–2018 | Barcelona | 30 | (3) |
2018– | Sevilla | 5 | (0) |
Selección nacional | |||
2013– | Cataluña | 3 | (0) |
2015– | España | 1 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 17 de outubro de 2018. Selección: actualizado a 26 de decembro de 2015.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Aleix Vidal Parreu, nado o 21 de agosto de 1989 en Valls, é un futbolista catalán. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Sevilla FC.
Vidal asinou co RCD Espanyol en 2007 pero non chegou a debutar co primeiro equipo, rematando a súa única tempada no equipo cunha cesión ó Panthrakikos grego. O 31 de agosto de 2009, asinou co Gimnàstic de Tarragona da Segunda División,[1] pero pasou a maior parte da tempada no seu filial, o Pobla de Mafumet.
No verán de 2010, Vidal fichou polo RCD Mallorca B da Segunda División B. Ó remate da tempada, tras o descenso do equipo, fichou por outro filial, a UD Almería B.[2]
Vidal fixo o seu debut co primeiro equipo do Almería o 27 de agosto de 2011 contra o Córdoba CF.[3] Pouco despois incorporouse de forma definitiva ó primeiro equipo. Na súa segunda tempada, anotou catro goles en 37 partidos para axudar ó equipo a volver á Primeira División dous anos despois.
O 6 de agosto de 2013, Vidal renovou o seu contrato co Almería ata o ano 2017.[4] Fixo o seu debut na Primeira División o 19 de agosto de 2013 na derrota do Almería por 2-3 contra o Villarreal CF,[5] e anotou o seu primeiro gol un mes máis tarde, na derrota por 2-4 contra o Atlético de Madrid.[6]
O 16 de xuño de 2014, Vidal fichou polo Sevilla FC a cambio de 3 millóns de euros, e asinou co equipo andaluz un contrato de catro anos.[7] En Sevilla conseguiu a UEFA Europa League na tempada 2014-15, tras a vitoria por 3-2 contra o Dnipro Dnipropetrovsk.
O 7 de xuño de 2015, Vidal asinou un contrato de cinco anos co FC Barcelona, despois de que o equipo catalán pagase 18 millóns de euros polo seu traspaso.[8]
Club | Tempada | Liga | Copa | Europa | Total | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PX | Goles | PX | Goles | PX | Goles | PX | Goles | ||
Gimnàstic | 2009–10 | 1 | 0 | 0 | 0 | - | - | 1 | 0 |
Mallorca B | 2010–11 | 35 | 6 | - | - | - | - | 35 | 6 |
Almería | 2011–12 | 41 | 5 | 2 | 0 | - | - | 43 | 5 |
2012–13 | 41 | 6 | 4 | 1 | - | - | 45 | 7 | |
2013–14 | 38 | 6 | 4 | 1 | - | - | 42 | 7 | |
Total | 116 | 15 | 10 | 2 | - | - | 130 | 19 | |
Sevilla | 2014–15 | 31 | 4 | 4 | 0 | 12 | 2 | 47 | 6 |
Carreira | 187 | 27 | 14 | 2 | 12 | 2 | 213 | 31 |