| ||
|
Unha aluaxe[3] é a chegada dunha aeronave na superficie da Lúa. Isto inclúe tanto as misións tripuladas como as robóticas. O primeiro obxecto feito por humanos que logrou chegar á superficie da Lúa foi a misión Luna 2 da Unión Soviética, o 13 de setembro de 1959.[4]
O Apollo 11 estadounidense foi a primeira misión tripulada en chegar á Lúa, o 20 de xullo de 1969.[5] Realizáronse outras seis aluaxes tripuladas (entre 1969 e 1972) e numerosas aluaxes non tripuladas, sen aterraxes suaves entre o 22 de agosto de 1976 e o 14 de decembro de 2013.
Até o presente, os Estados Unidos de América é o único país en conseguir enviar misións tripuladas exitosas á Lúa, sendo a última delas en decembro de 1972.