Amador Villar Amor
Nacemento1866
Lugar de nacementoRibadavia
Falecemento20 de abril de 1944
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Amador Leopoldo Villar Amor, nado en Ribadavia en 1866 e finado en Vigo o 20 de abril de 1944[1], foi un escritor galego.

Traxectoria

Xunto co seu irmán Secundino fundou o Colexio Villar de Ourense (1885-1935), do que foi profesor. Foi secretario do Partido Republicano de Ourense e colaborou en La República. Poeta do século XIX, en ocasións utilizaba o pseudónimo Roque Pelico d'Ovella; publicou algúns poemas en galego na revista Nós. A cidade de Ourense dedicoulles aos irmáns Villar unha rúa en 1934.

Notas

  1. La Región 20-4-1947, p. 3.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas