Ana Legido
Nacemento21 de marzo de 1939
Lugar de nacementoOurense
Falecemento9 de xullo de 2012
Lugar de falecementoSabarís
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintora
CónxuxeFernando Quesada
FillosMarieta Quesada Legido
editar datos en Wikidata ]

Ana Legido Soto, nada en Ourense o 21 de marzo de 1939 e finada en Sabarís o 9 de xullo de 2012,[1] foi unha pintora galega.

Traxectoria

Filla de Alfonso Legido e Eva Soto,[2] estudou no Colexio Cisneros e máis tarde Maxisterio en Ourense, logo de non ser posible o ingreso na Academia de Belas Artes de San Fernando por cuestións económicas. Casou en 1960 con Fernando Quesada e a partir de aí trasladouse con el primeiro a Zamora e en 1961 a Vigo. O fogar do matrimonio en Vigo (primeiro en Mantelas, logo en Pizarro, máis tarde na avenida das Camelias) deu acubillo a un variado grupo de artistas ourensáns.

A pintura de Ana Legido ten un estilo particular que se achega e ás veces mesmo se categoriza como arte naïf.[3] Participou en exposicións individuais e colectivas en Galicia, resto de España, Italia, Francia e Portugal. Algunhas das súas obras forman parte das coleccións e museos de España, Italia, Portugal e Francia.

Notas

  1. "Ana Legido Soto". Diccionario Biográfico Español. Consultado o 2 de xullo de 2022. 
  2. Franco, F.- (15 de xullo de 2012). "Ana Legido, semblanza de una mujer inolvidable". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2022. 
  3. "ANA LEGIDO - Afundación". www.afundacion.org. Consultado o 2 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas