A andesita[1][2] é unha rocha ígnea de composición intermedia. A súa composición mineral comprende xeralmente plaxioclasio, piroxeno e horneblenda. Frecuentemente están asociados biotita, cuarzo, magnetita e esfena. O álcali feldespato está ausente nesta rocha.
A clasificación de andesitas pode facerse segundo o fenocristal máis abundante. Así temos a andesita olivina, no que a olivina é o principal compoñente mineral.
Pode considerarse o equivalente extrusivo da diorita plutónica. Como as dioritas, a andesita é característica de áreas de subdución tectónica en marxes oceánicas mariñas, como a costa de América do Sur.
O seu nome deriva dos Andes, cordilleira montañosa que transcorre paralela ao litoral costeiro dende a Venezuela até a Patagonia. A andesita pode tomar cores como o negro acibeche a verde escuro segundo a súa constitución.
A andesita emprégase na construción como material inerte para balastro de vías férreas ou para utilizacións que necesiten de rochas cunha certa densidade, como diques ou canais.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andesita |