![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1998 ![]() Antas de Ulla, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filóloga ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() ![]() |
Andrea Santiso Arias, nada en Antas de Ulla en 1998, é unha filóloga galega.
Estudou o grao de Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de fin de grao.[1] O seu traballo de fin de grao, sobre a toponimia maior do concello de Antas de Ulla, recibiu o Premio á calidade lingüística en galego.[2] Cursou tamén na USC o mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas.
A través do Instituto da Lingua Galega participa no proxecto Toponomasticon Hispaniae. É membro do Instituto de Estudos Ulloáns, onde coordina xunto a Fernando García Penas a sección de Filoloxía, Literatura e Toponimia.[3]
É filla de Xosé Luís Santiso García e de Mari Arias Rodríguez.