Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1909 Somma Lombardo, Italia (pt) |
Morte | 12 de agosto de 1981 (71 anos) Viareggio, Italia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia (1946–1981) Reino de Italia (1909–1946) |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor , empresario |
Lingua | Lingua italiana |
Familia | |
Fillos | Bedy Moratti (pt) , Massimo Moratti, Gian Marco Moratti (en) |
Premios |
Angelo Moratti, nado en Somma Lombardo, Varese, o 5 de novembro de 1909 e finado en Viareggio, Lucca, o 12 de agosto de 1981, foi un empresario do petróleo e dirixente deportivo italiano. Foi propietario do Inter de Milán entre 1955 e 1968.[1]
Fundou dende a década de 1930 varias empresas dedicadas aos sectores do petróleo, a minaría e a produción de enerxía eléctrica. En 1962 fundou Saras S.p.A., unha corporación multinacional enerxética dedicada ao refinamento de petróleo, comercialización, transporte e xeración de enerxía.[2]
En 1955 converteuse no propietario e presidente do Inter de Milán, club de fútbol da Serie A.[1] Baixo a súa presidencia, e con Helenio Herrera como adestrador, o Inter viviu unha época de éxitos, converténdose no mellor club do mundo e recibindo o alcume de Grande Inter. Conquistou tres ligas, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais.[3][4] Foi o segundo presidente con máis títulos da historia do club, só por detrás do seu propio fillo, Massimo, que foi propietario do Inter entre 1995 e 2004 e entre 2006 e 2013.[3]