O apeadoiro de Aranga foi un apeadoiro de Adif situado preto da aldea do Apeadeiro, entre as parroquias de Vilarraso e Aranga, no concello de Aranga. O edificio permanece á beira da liña férrea A Coruña-León[1] e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
O apeadoiro atópase no extremo sur da parroquia de Aranga, no linde coa de Vilarraso e a poucos metros do termo municipal de Curtis. Está situado no punto quilométrico 481,2 da liña férrea de largo ibérico que une León e A Coruña, entre as estacións de Teixeiro e Guitiriz, polo que era a derradeira estación da liña na provincia da Coruña en dirección a Lugo.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Entrou en funcionamento o 10 de outubro de 1875 coa apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] Recibiu o nome de Aranga, seguindo o costume castelán de pór os nomes dos concellos,[3] e deu nome ó lugar do Apeadoiro.
En outubro de 1908 realizouse no apeadoiro unha xuntanza de foreiros veciños de Aranga, á cal acudiu César Sánchez Díaz, onde se discutiu a oposición ó pagamento das rendas con que contribuían á condesa Emilia Pardo Bazán.[4] Ditas rendas foron adquiridas polo pai da escritora en 1845 e 1846 coa desamortización do mosteiro de Sobrado.[5]
No relato curto «Un saxo na néboa» do libro Que me queres, amor? (1995) de Manuel Rivas, o protagonista e maila Orquestra Azul baixan do tren na estación ou apeadoiro de Aranga para logo proseguir a pé cara a ficticia Santa Marta de Lombás.[6]
O apeadoiro aparece tamén en varios relatos do guitiricense Xosé Bergantiños, onde o autor conta como ía ás troitas ó río Mandeo desde Guitiriz, baixando no apeadoiro de Aranga e camiñando uns quilómetros pola vía do tren até o río.[7][8]
Por outra banda, nalgunhas cantigas populares faise referencia ó apeadoiro, aínda que sobre todo ó paso do tren pola zona:[9]
Dis que viches, que viches, / para min non viches nada; / non viches pasar o tren / de Teixeiro para Aranga.
Monte Salgueiro no alto, / A Castellana tamén; / chegando ao monte de Orosa / xa se ve pasar o tren.
↑ 1,01,1"Listado de líneas y estaciones"(PDF). Rede ferroviaria española. Ministerio de Fomento(en castelán). p. 58. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 04 de novembro de 2018.|archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |deadurl= e |urlmorta= redundantes (Axuda)
↑García Raya, Joaquín (2006). "Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha"(PDF). Fundación de los Ferrocarriles Españoles(en castelán). p. 33. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 14 de outubro de 2013. Consultado o 17 de novembro de 2018.|archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |deadurl= e |urlmorta= redundantes (Axuda)
FEVE·GIF·MZOV· Norte · Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ·Oeste·RENFE· Sociedad del Ferrocarril Compostelano de la Infanta Doña Isabel · Sociedad Minera de Villaodriz · The West Galicia Railway Company · Tranvías Eléctricos de Vigo
Liñas e paradas
Largo ibérico (1668 mm)
06-818 Vilagarcía de Arousa - Bif. de Angueira (1873 - actualidade)