Attu é unha estación militar da Illa de Attu, Alasca, Estados Unidos.
Despois da segunda guerra mundial o goberno dos Estados Unidos decidiu construír unha estación de radio navegación en Theodore Point, no sur da Illa. Posteriormente a base moveuse a Massacre Bay. Durante tempo, os 20 residentes da estación eran militares do servizo de radio navegación de United States Coast Guard. O 1 de agosto de 2010, a estación LORAN da Garda Costeira dos Estados Unidos en Attu deixou definitivamente de funcionar. O 27 de agosto de 2010, a estación foi desarmada e retirouse o persoal da Garda Costeira, deixando a illa sen poboación residente.
O 7 de xuño de 2012, no 70º aniversario da invasión xaponesa, a senadora Lisa Murkowski e o almirante Thomas Ostebo da Garda Costeira dos Estados Unidos dedicaron un monumento a Attu Village, aos residentes que morreron en cativerio xaponés e os sobreviventes que non puideron regresar.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Attu, Alasca |