Belesar | |
---|---|
![]() Igrexa de Belesar. | |
Concello | Vilalba[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°16′49″N 7°45′25″O / 43.2803608, -7.7568347Coordenadas: 43°16′49″N 7°45′25″O / 43.2803608, -7.7568347 |
Poboación | 293 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 37[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Belesar é unha parroquia do concello de Vilalba, na provincia de Lugo. Segundo o IGE[2], en 2022 tiña 293 habitantes (141 homes e 152 mulleres), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 484 habitantes.
O territorio da parroquia está atravesado polos ríos Labrada e Sivela que se unen na Ponte de Pazos, e o de Ferreiroa. Forman vales abruptos e entre eles zonas de montes toxais, uceiras e xestas, con escaso arborado. Sobre o río Labrada ten as pontes de Meire, Pazos, Gondeboi, das Baionas e Ponte Pedrouzos.
Gráfica de evolución demográfica de Belesar entre 2000 e 2020 |
![]() |
Datos segundo o IGE.[2] |
Hai tres festas tradicionais. A finais de maio ou comezos de xuño celébrase o Corpus Christi, na que se celebran as primeiras comuñóns. A finais de setembro celébrase a festa do Anxo, con merendas campestres familiares. O 11 de novembro celébrase San Martiño, patrón da parroquia.
Lugares da parroquia de Belesar no concello de Vilalba (Lugo) | |
---|---|
Aldea | A Atadoira | Baltar | Os Barreiros | Cabanamille| A Cabanela | Caivanca | O Camiño Real | Campello | Cascudo | O Cordal | A Crucitaria | A Currela | O Espiño | A Ferreiroa | A Folgada | O Fontao | As Forcadas | Lagares | Len | Meire | Montaña | O Outeiro | Pedrapicada | A Penadanta | Penarredonda | Pereira | Perrodríguez | A Picheira | Reboutas | A Reibocha | A Riba | A Ribeira | Sande | Santoro | Vilanova | Vilasilvestre |