Bell X-1
X-1 #46-062
Tipoavión foguete experimental
FabricanteBell Aircraft
Primeiro voo19 de xaneiro de 1946
Estadoretirado
Unidades construídas4

O Bell X-1 foi un prototipo de avión supersónico impulsado por un motor foguete construído por Bell Aircraft Corporation para a Forza Aérea dos Estados Unidos. Foi concibido en 1944 e deseñouse e fabricouse en 1945. Foi o primeiro avión en superar a velocidade do son en voo nivelado o 14 de outubro de 1947 pilotado por Chuck Yeager. O avión chegou a acadar unha velocidade de 1 600 km/h en 1948. Un derivado deste mesmo deseño, o Bell X-1A, con maior capacidade de combustible e polo tanto un maior tempo de combustión do foguete, superou os 2 600 km/h en 1954. O X-1 foi o primeiro dos X-planes, unha serie de avións experimentais deseñados para experimentar novas tecnoloxías.

Avións

[editar | editar a fonte]