Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Cölestin Schleicher 1825 Lviv |
Morte | 2 de outubro de 1903 (77/78 anos) Padua |
Actividade | |
Campo de traballo | Jewish art (en) |
Lugar de traballo | Viena |
Ocupación | pintor |
Carl Schleicher, sendo o seu nome de nacemento Cölestin Schleicher[1], nado en Lemberg (Lviv), Imperio Austríaco, no ano 1825 e finado en Padua, Reino de Italia, o 2 de outubro de 1903[1][2], foi un pintor realista do século XIX.
Desenvolveu a súa obra principalmente en Viena entre os anos de 1860 e 1870. Foi alumno do pintor austríaco Ferdinand Georg Waldmüller[1]. Particularmente coñecido polos retratos de rostros e o intercambio de ideas e interpretacións entre os rabinos talmudista, adicándolle unha cantidade considerable de cadros ó óleo[3]. Cargadas de material anecdótico, as pinturas dedicadas ós debates talmúdicos constitúen un valioso rexistro dos usos e costumes dos xudeus asquenacís en Europa, cultura e acervo coñecidos como Yiddishkayt[4].
As pinturas de Cölestin Schleicher caracterízanse por seren non só considerablemente descritivas, senón ademais por capturar con incomparable agudeza a atmosfera de estudo que rexía a vida dos talmudistas: estudo por certo non exento de seriedade e dedicación, incluíndo interesantes diálogos e ideas sorprendentes, pero tamén contradicións problemáticas, discusións interminables e un humor desopilante.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carl Schleicher |