Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 ![]() Barro, España ![]() |
Morte | xaneiro de 1994 ![]() Pontevedra, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Celestino Noya Rodríguez, nado en Barro en 1905 e finado en Pontevedra en xaneiro de 1994,[1] foi un político e escritor galego.
Estudou o bacharelato en Pontevedra e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a docencia no Colexio León XIII e no instituto de Noia como catedrático de Xeografía, e despois foi catedrático do Instituto de Lugo (1933-1936). Colaborou na prensa, foi correspondente de El Pueblo Gallego en Pontecesures, e en 1927 publicou a noveliña Morta! na colección Lar. Militante do Partido Republicano Gallego, despois pasou a Izquierda Republicana, foi nomeado concelleiro de Lugo en febreiro de 1936, elixido Presidente da Deputación de Lugo o 31 de marzo de 1936[2], presidiu a Comisión Executiva para a propaganda do Estatuto, e viaxou a Madrid para presentar o Estatuto ás Cortes Españolas. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. Durante a guerra foi xefe de oficinas de Sanidade de Madrid, Murcia e Alacant. Cando rematou a guerra civil foi detido sen proceso no campo de concentración do castelo de Santa Bárbara de Alacant ata agosto de 1940. Depurado como profesor de instituto, pasou a dar clases no Colexio León XIII que dirixía Xesús Garrido Álvarez. Rehabilitado, foi catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Sánchez Cantón e secretario do Instituto. Xubilouse en 1975. Recibiu a Gran Cruz de Afonso X O Sabio.
Predecesor: Octavio García Fernández |
![]() Presidente da Deputación de Lugo 1936 |
Sucesor: José Pardo Pardo-Montenegro |