Centre spatial guyanais (fr) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Departamento | Güiana Francesa | |||
Distritos | arrondissement of Cayenne (en) | |||
Cantón | Canton of Kourou (en) | |||
Comuna | Kourou | |||
Creación | 1964 | |||
Páxina web | cnes.fr… |
O Centro Espacial de Kourou oficialmente coñecido como Centre Spatial Guyanais o CSG é o lugar de lanzamento da Axencia Espacial Europea no territorio de ultramar da Güiana Francesa, moi preto de Kourou.
En 1964 o goberno de Francia creouno como base espacial para lanzar satélites. Cando se fundou a Axencia Espacial Europea no ano 1975 Francia ofreceuse a compartir o porto espacial de Kourou coa ESA. A ESA mellorou as instalacións e preparounas para o foguete europeo Ariane.
A súa situación a unha latitude de 5° 3', a uns 500 km do ecuador terrestre fai o lugar axeitado para lanzamentos espaciais, permitindo aproveitar a velocidade de rotación da Terra gañando pulo, aforrando combustible e cartos.
O centro ten tres zonas de lanzamento.
Foi plataforma de lanzamento do foguete Ariane, usada para os modelos Ariane 1, Ariane 2 e Ariane 3 os cales foron retirados do servizo en 1989. Volveu utilizarse para o lanzamento do foguete Vega que iniciou a súa primeira engalaxe o 13 de febreiro de 2012.[1][2]
Foi usado para lanzar Ariane 4 ata o ano 2004.
Desde 1996 úsase para o lanzamento de Ariane 5.
Plataforma de lanzamento do foguete fabricado por Rusia Soiuz. A plataforma é case idéntica a doutros sitios como Baikonur en Casaquistán e Plesetsk en Rusia e capaz de poñer 3 toneladas en órbita xeoestacionaria no Centro espacial de Kourou comparadas 1,7 toneladas do Cosmódromo de Baikonur. O seu primeiro lanzamento puxo en orbita os dous primeiros satélites do europeo Sistema de Navegación por Satélite Galileo o 21 de novembro de 2011 [3] [4]
Organization |
| |
---|---|---|
Foguetes | ||
Litio de lanzamento |
| |
Motores | ||
Lanzamentos |
| |
Voos |
| |
Relativo | ||