Clara Pino
Clara Pino nunha actuación en 2018.
Nacemento1972
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Clara Pino, nada en Vigo en 1972, é unha cantante e arpista (arpa celta) galega.

Traxectoria

Comezou os seus estudos de arpa da man de Rodrigo Romaní, influencia que pode observarse na súa música. Formou parte da banda Covalblú, coa que editou un traballo discográfico titulado Mai.[1]

Na actualidade forma parte do Dúo Clara Pino & Pablo Vidal.[2]

Entre os seus traballos discográficos destaca Setesaias, dúo de arpas e voces editado por Pai Música. Na actualidade compaxina a súa actividade musical coa docencia no ensino secundario.

Notas

  1. Covalblu
  2. "Clara Pino & Pablo Vidal - Acerca de | Facebook". www.facebook.com. Consultado o 2017-01-25. 

Véxase tamén

Ligazóns externas