Nome | Connacht Rugby | ||
---|---|---|---|
Unión | IRFU | ||
Alcume(s) | The Devils Own | ||
Fundación | 1885; hai 139 anos | ||
Sede | Galway, Irlanda | ||
Estadio(s) | Galway Sportsgrounds | ||
Capacidade | 8.129 espectadores | ||
Presidente | Willie Ruane | ||
Adestrador | Andy Friend | ||
Capitán | Jarrad Butler | ||
Caps | John Muldoon (327) | ||
Anotador | Eric Elwood (1038) | ||
Ensaios | Matt Healy (53) | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 3º (conferencia A) | ||
| |||
Na rede | |||
https://www.connachtrugby.ie/ | |||
O Connacht Rugby (en irlandés: Rugbaí Connachta) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións Europea de Rugby. O equipo representa á sección de Connacht da Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia. O Connacht xoga os seus partidos como local no Galway Sportsgrounds, recinto con capacidade para 8.100 espectadores. A cor principal do club é o verde, a cal utilizan na camisola local do equipo. Por outra banda, na camisola visitante utilizan o azul, unha das cores tradicionais da provincia. O emblema do equipo é unha versión modificada da bandeira provincial, a cal consiste nunha aguia e nun brazo portando unha espada.
Connacht ten unha base de xogadores moi pequena en comparación con outras provincias irlandesas debido en parte á pouca poboación da provincia e a gran popularidade que teñen na mesma os Deportes Gaélicos coma o hurling e o fútbol gaélico. Connacht ten tan só un 8% do total dos xogadores de rugby irlandeses actualmente, a pesar de que o rugby experimentou un crecemento nos últimos anos. Esta expansión tamén se ve reflicitda na venda de entradas, sobre todo desde a primeira temporada na que o club participou na Heineken Cup. O maior éxito do club chegou no ano 2016 cando sorpresivamente conseguiron o seu primeiro título do Pro12 (actual Pro14) tras vencer á provincida de Leinster na final. Os medios de comunicación compararon esta vitoria coa do título do Leicester City na Premier League de fútbol dese mesmo ano.
O equipo proivincial de Connacht foi fundado en 1885 e os clubs aos que representaba eran Ballinasloe, Castlebar, Galway Town, Galway Grammar School, Queen College Galway e Ranelagh School Athlone. Ballinasloe, ao igual que Buccaneers RFC, Castlebar e Queens College (agora UCG) sobreviviron. Connacht foi o primeiro equipo provincial irlandés en gañar en Francia e Inglaterra en 1997. O equipo foi cuarto finalista da European Challenge Cup 1997−98, e na temporada 2001−02 foi semifinalista da Celtic League, aínda que unicamente chegou aos cuartos de final na temporada 2002−03.
Na temporada 2003−04 chegaron ás semifinais da European Challenge Cup, nas que un ensaio a 12 minutos para o remate do partido de volta fronte os Harlequins privou aos irlandeses de meterse na final por primeira vez na súa historia, chegando os ingleses á final que posteriormente gañarían após gañar por un apertado 26 a 27 fronte ao Clermont Auvergne no Madejski Stadium de Reading. Tamén nesa tempada acadaron as semifinais da Celtic Cup. Na temporada 2004−05 continuaron coa súa boa forma, chegando novamente ás semifinais da European Challenge Cup, nas que novamente caeron fronte a un equipo inglés, desta vez os Sale Sharks, que finalmente se farían co título ao gañar na final por un contundente 27 a 3 aos franceses da Section Paloise.
Na temporada 2011–12 o Connacht consegue a súa primeira participación na Heineken Cup debido á vitoria do Leinster no torneo a temporada anterior. Isto é debido a que os campións do torneo tiñan grantida a súa participación na seguinte edición, e como o Leinster xa estaba clasificado, a praza pasaba ao seguinte mellor equipo clasificado do mesmo país. Esta participación no principal torneo de clubs europeo, fixo que a popularidade do equipo medrase significativamente. De feito, por primeira vez na súa historia, conseguiron máis de 3.000 abonados, aumentando a asistencia de público un 105% con respecto á temporada anterior. Na competición europea o equipo finalizou en último lugar do seu grupo, conseguindo tan só gañar por 9–8 aos Harlequins no Sportsgrounds. Na temporada 2015−16 o Connacht consegue sorpresivamente o seu primeiro título de liga. O equipo terminou en temporada regular en segundo lugar tras Leinster, o que lle permitiu xogar as semifinais ante os Glasgow Warriors. Tras vencer ao equipo escocés por 16–11, na final os de Connacht conseguiron vencer por 20–10 a Leinster no Murrayfield Stadium. Este triunfo foi comparado coa vitoria do Leicester City na Premier League desa mesma temporada.
A aguia e o brazo suxeitando unha espada do escudo do Connacht Rugby está extraído da bandeira da Provincia de Connacht. A orixe do escudo de armas dise que ven de Ruaidrí Ua Conchobair, Rei de Connacht, quen as recibiu de Schottenkloster, un mosteiro irlandés fundado en Ratisbona no século XI. As actuais cores do equipo consisten nunha camisola en dous tons de verde, con pantalóns e medias da mesma cor. A presenza do verde nas cores do equipo é descoñecida, xa que non aparece por ningures na bandeira da provincia, a cal é azul, branco e negra. Con todo, estas cores si aparecen no uniforme suplente do equipo.
Os seguintes son os xogadores de Connacht para o Pro14 de 2019−20.[1]
A seguinte é unha lista de xogadores de Connacht internacionais con Irlanda.
Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions.[2]
|
Os seguintes son xogadores de Connacht que foron internacionais con seleccións diferentes á irlandesa.
Os seguintes son os capitáns de Connacht desde o comezo da era profesional.
Os seguintes son os adestradores de Connacht desde o inicio da era profesional.
Temporada | Pos. | Xog. | V | E | V | PF | PC | DP | Bonus | Puntos | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2001–02 | 2º (Grupo B) | 6 | 4 | 0 | 2 | 152 | 97 | +55 | n/a | 12 | |
Cuartos de final | Connacht 29 – 34 Glasgow | ||||||||||
2002–03 | 4º (Grupo B) | 7 | 5 | 0 | 2 | 126 | 176 | –50 | 0 | 20 | |
Cuartos de final | Munster 33 – 3 Connacht | ||||||||||
2003–04 | 9º | 22 | 8 | 2 | 12 | 479 | 550 | −71 | 8 | 44 | |
2004–05 | 10º | 20 | 7 | 1 | 12 | 317 | 407 | –90 | 7 | 37 | |
2005–06 | 10º | 22 | 6 | 0 | 14 | 325 | 466 | –141 | 5 | 37 | |
2006–07 | 10º | 20 | 4 | 2 | 14 | 326 | 474 | –148 | 6 | 26 | |
2007–08 | 10º | 18 | 5 | 1 | 12 | 214 | 396 | –182 | 2 | 24 | |
2008–09 | 10º | 18 | 4 | 0 | 14 | 224 | 460 | –236 | 4 | 20 | |
2009–10 | 10º | 18 | 5 | 1 | 12 | 254 | 459 | –205 | 4 | 26 | |
2010–11 | 9º | 22 | 7 | 1 | 14 | 394 | 459 | –65 | 9 | 39 | |
2011–12 | 8º | 22 | 7 | 1 | 14 | 321 | 433 | –112 | 7 | 37 | |
2012–13 | 8º | 22 | 8 | 1 | 13 | 358 | 422 | –64 | 4 | 38 | |
2013–14 | 10º | 22 | 6 | 0 | 16 | 371 | 509 | −138 | 11 | 35 | |
2014–15 | 7º | 22 | 10 | 1 | 11 | 447 | 419 | +28 | 8 | 50 | |
2015–16 | 2º | 22 | 15 | 0 | 7 | 507 | 406 | +101 | 13 | 73 | |
Semifinal | Connacht 16 – 11 Glasgow Warriors | ||||||||||
Final | Connacht 20 – 10 Leinster | ||||||||||
2016–17 | 8º | 22 | 9 | 0 | 13 | 413 | 498 | −85 | 8 | 44 | |
2017–18 | 6º (Conf. A) | 21 | 7 | 0 | 14 | 445 | 477 | −32 | 11 | 39 | |
2018–19 | 3º (Conf. A) | 21 | 12 | 0 | 9 | 475 | 394 | +81 | 13 | 61 | |
Cuartos de final | Ulster 21 – 13 Connacht |
Temporada | Pos. | Xog. | V | E | V | PF | PC | DP | Bonus | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2011–12 | 4º | 6 | 1 | 0 | 5 | 68 | 130 | −62 | 2 | 6 |
2012–13 | 3º | 6 | 3 | 0 | 3 | 96 | 138 | −42 | 0 | 12 |
2013–14 | 3º | 6 | 3 | 0 | 3 | 101 | 147 | –46 | 1 | 13 |
2015–16 | Rolda previa | Gloucester 40 − 32 (pro.) Connacht | ||||||||
2016–17 | 3rd | 6 | 4 | 0 | 2 | 188 | 118 | +70 | 2 | 18 |
2017–18 | Rolda previa | Northampton Saints 21 – 15 Connacht |
Equipos | |
---|---|
Antigos equipos |
|
Estadios |
|
Temporadas |