Aquí podedes comentar todo o que creades oportuno para mellorar as publicacións facer calquera tipo de suxerencia sobre canto se vos ocorra. As broncas que me botedes serán entendidas como críticas constructivas, jaja. Un saúdo.
Benvido á Galipedia, Anxopadron!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:50, 16 de marzo de 2011 (UTC)
Moitas grazas, Xoacas
Ola, Anxopadron. No referente ás edicións que vaias facer no artigo sobre J.L. Cochón ten en conta o que se explica en Wikipedia:Punto de vista neutral e Wikipedia:Conflito de intereses. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:45, 16 de marzo de 2011 (UTC)
Xoacas, coido que non acabo de entender por qué me fas esas recomendacións. Creo que non fun imparcial ata agora nin existe conflito de intereses. Se ti cres que sí, por favor, rógoche que me expliques en que te baseas. Un saúdo.