Benvido(a) á Galipedia, Risonsinho!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:03, 16 de febreiro de 2011 (UTC)
Ola, Risonsinho. Vin as edicións que fixeches en Can de palleiro e desfixen algunhas delas, o mesmo que fixo onte o Usuario:Atobar. Debes ter en conta que non se pode retirar un marcador de atención sen solucionar primeiro o problema sobre o que está alertando. Por outra banda cómpre referenciar sempre as achegas que se fagan a calquera artigo. Arriba tes unha serie de ligazóns que che axudarán a comprender como funciona a Wikipedia. Para calquera dúbida contacta comigo na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:06, 16 de febreiro de 2011 (UTC)
Para esas cousas é mellor que te dirixas a Wikipedia:Taboleiro dos administradores, concretamente a sección de Bloqueos e proteccións. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:15, 17 de febreiro de 2011 (UTC)
Cópioche o exposto no taboleiro de administradores.
Sobre a autoría de Can de palleiro: tes aquí o historial do artigo. Nel poderás comprobar as achegas de cadaquén. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:39, 17 de febreiro de 2011 (UTC)