Cumbraos | |
---|---|
Igrexa de Cumbraos | |
Concello | Monterroso[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°49′02″N 7°49′52″O / 42.8172, -7.8311Coordenadas: 42°49′02″N 7°49′52″O / 42.8172, -7.8311 |
Área | 3,06 km² |
Poboación | 40 hab. (2020) |
Densidade | 13,07 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Cumbraos é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 41 habitantes, deles 22 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
O topónimo Cumbraos ten orixe no asentamento de poboación nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra.[2]
A igrexa de San Martiño de Cumbraos foi construída orixinalmente en estilo románico. Destacan o seu arco triunfal, a portada de medio punto e varios canzorros con decoracións variadas.[3]
A igrexa forma un conxunto arquitectónico coa casa-torre de Cumbraos construída entre os séculos XV e XVI por mandato de Álvaro Gaioso e Osorio. É unha torre de planta rectangular con dous corpos e soto e cuberta a catro augas.[4]
Lugares da parroquia de Cumbraos no concello de Monterroso (Lugo) | |
---|---|