A descontinuidade de Conrad, así denominada na honra do sismólogoaustro-estadounidense Victor Conrad (1876-1962), designa, na codia continental, o límite inferior da capa de sial, que a separa do sima.
Esta descontinuidade non é un límite estrito, non se detecta en todas as zonas da Terra e pouco se sabe dela. Ademais non parece coincidir co punto de cambio xeoquímico entre as rochas máis lixeira do sial e as máis densas do sima, polo que moitos xeólogos non a consideran ou, en todo caso, considérana como unha descontinuidade menor.[1]
No seu lugar, algúns estudosos fixaron, arbitrariamente, no punto no que a codia ten unha densidade media de 2 800 kg/m3 (2,8 g/cm3).[2]
Tanto sial como sima son termos obsoletos, cuñados por Eduard Suess, para designar ás rochas que forman a parte fundamental da codia continental, situadas, as primeiras, máis claras e lixeiras, sobre as máis escuras e densas, que afloran ademais nos fondos oceánicos. Ambos os conceptos perderon significación hoxe e, aínda que describen unha situación real, cun sial descontinuo xacendo sobre un sima continuo,[3] non teñen cabida nas teorías modernas que describen a estrutura da Terra e explican o seu dinamismo.
Estes conceptos eran moi importantes, porén, na teoría da deriva continental, proposta por Alfred Wegener, quen imaxinaba aos continentes, erroneamente, como masas de sial deslizándose sobre o sima.[4][5]
Bates, R. L., e Jackson, J. A. (1987): Glossary of Geology. Alexandia, Virginia: American Geological Institute.
Clark, Sydney P. (1987): La estructura de la Tierra. Barcelona: Ediciones Orbis. ISBN 84-7634-467-8.
Dilek, Y. e Newcomb, S. (eds.) (2003): "Ophiolite Concept and the Evolution of Geological Thought". Boulder, Colorado: Geological Society of America Special, Paper 373.
Domínguez, Antonio (1975): La formación de la Tierra. Barcelona: Salvat Editores. ISBN 84-345-7361-X.
Foster, Robert J. (1973): Geología. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-5523-5.
Lillo Beviá. José et al. (1995): Geología. Paterna, Valencia: Editorial ECIR. ISBN 84-7065-073-4.
Meléndez, Bermudo e José Mª Fuster (1981): Geología, 4ª ed. Madrid: Paraninfo. ISBN 84-283-0956-6.