Tutu foi o primeiro surafricano negro en ser elixido e ordenado como arcebispo anglicano de Cidade do Cabo (Suráfrica), e despois Primado da entón Igrexa da Provincia de África Meridional (actualmente Igrexa anglicana de África do Sur). Foi recoñecido co Premio Nobel da Paz en 1984.
Outórgaselle a autoría do cualificativo de Nación do Arco da Vella, para describir metaforicamente á Suráfrica posterior ao apartheid (en 1994 co triunfo do ANC). A expresión incorporouse desde entón para describir a diversidade étnica de Suráfrica.
Recoñecementos
Ten sido nomeado Doutor honoris causa por varias universidades como a de Portland ou no ano 2000 pola Pompeu Fabra de Barcelona.[1]