Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 Gandarío, España |
Morte | 1968 (75/76 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político |
Pseudónimo literario | Gandarío |
Lingua | Lingua castelá |
Domingo Cubeiro, nado en Gandarío (Bergondo) en 1892 e finado en Buenos Aires en xaneiro de 1968, foi un xornalista galego.
Emigrou de novo a Arxentina. Formou parte da directiva da sociedade A Terra fundada en Buenos Aires en 1917.[1] En 1924 trasladouse aos Estados Unidos onde viviu algúns anos. Colaborou en Céltiga e en La Prensa de Nova York e foi correspondente nesa cidade da revista Claridad. Regresou a Arxentina en 1930, pero viaxou de novo aos Estados Unidos a finais dos anos trinta, onde coincidiu con Ramón Suárez Picallo e Castelao. Nos anos vinte fíxose comunista, pero despois mantívose nunha postura independente sen abandonar o marxismo. Foi dirixente da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales da que foi membro da comisión de prensa (1938-1947 e 1955-1959) e escribiu en Galicia de forma habitual dende 1938 utilizando o pseudónimo Gandarío, periódico que chegou a dirixir. Socialista contrario ao galeguismo, despois da Guerra Civil estivo moi influído polas posicións do PCE.
Casou con Modesta Ramos que finou en 1951, e logo volveu casar con María F. Vignale.