A dorna é unha embarcación pesqueira típica das Rías Baixas de aproximadamente 4,50 metros de eslora e 1,60 metros de manga, para unha dorna de 9 cuartas de quilla, coa proa redonda que sobresae da cuberta, a popa lanzada, chata e pequena, e quilla pronunciada. Evoluciona cunha única vela de relinga (ás veces ponselle un pequeno foque a modo de tormentín usado para capear os temporais), os vellos poñían a vela a "crus" eliminando superficie vélica, e leva dous remos de apoio para cando vai "calma podre". Xeralmente leva dous tripulantes, o patrón á cana e o mariñeiro ás drizas, que é quen se ocupa do izado da vela e axuda nas manobras de cambio, aínda que poden ir tres persoas abordo con relativa comodidade ou incluso ser patroneada por un único tripulante.
Segundo diversos estudos, realizados entre outros polo sueco Staffan Mörling sobre as dornas do Mar de Ons ou polo galego Xaquín Lorenzo na ría de Arousa, este tipo de embarcación podería ter unha procedencia viquinga, debido ás similitudes formais e de construción cos drakkar dos viquingos. Segundo esta teoría a dorna toma recursos formais e construtivos dos navíos viquingos, que poderían ter chegado nas frecuentes invasións dos pobos do norte de Europa que pretendían asediar Santiago de Compostela durante a Alta Idade Media, con características de pouco calado, evolución a vela (con aparellos moi sinxelos), roda de proa sobre a cuberta, bañeira aberta etc.
A dorna é unha embarcación totalmente fabricada de madeira, construída en calime coas táboas da obra viva xustapostas, montando unhas sobre outras, reducindo o risco de vías de auga e simplificando a construción, o que lle confire maior estabilidade á costa dunha perda de hidrodinámica (este tipo de construción denomínase "de escarva ou calime"). A quilla da dorna non abrangue toda a eslora, xa que pola parte de popa hai un terzo de lanzamento do casco que a quilla non soporta. As cadernas sobresaen da cuberta, formando toletes ou apoios dos remos nuns casos (tres toletes para dous remos, un a popa e dous na liña media, para o avance normal a remo, e dous toletes de menor tamaño a proa usados con remos pequenos para a pesca con espello), e noutros casos puntos que serven de guía para a disposición de liñas ou de paso da escota. Leva un temón de grande tamaño que se prolonga por debaixo do lanzado de popa ata a quilla, actuando como orza ademais de como temón, gobernado mediante unha cana de madeira, xeralmente dunha soa peza. Coa aparición do motor mariño de explosión, a dorna sufriu un redeseño da estampa de popa, introducíndoselle unhas pezas de madeira que permiten o acoplamento dun pequeno motor foraborda.
As dornas medíronse tradicionalmente en cuartas de quilla (aproximadamente 21 cm cada cuarta) e polgadas, e segundo o tamaño da quilla, podíase sabe-lo tamaño da dorna. Pr exemplo: unha dorna de nove cuartas de quilla menos dúas polgadas ven tendo unha eslora entre perpendiculares de 4,60 m aproximandmente.
Existen moitas variantes segundo o uso ou a forma de construción:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dorna |
Clasificación | arte de anzol, arte de arrastre, arte de arrastre-cerco, arte de arrastre de fondo, arte de arrastre peláxico, arte de cerco, arte de deriva, palangre de fondo, palangre de superficie |
---|---|
Tipos | angazo • *baca • *beta • bicheiro • *biturón • *boitirón • boliche • bou • bou de man • bou de vara • *buitrón • can da ameixa • cavador • cerco • cerco de xareta • chinchorro • endeño • facho • fisga • frisga • forquita • fouciño • fouza • francada • gancha • gancho • liña • mediomundo • miño • nasa • palangre • *palangrillo • paraferra • pincho • piobardeira • racú • raeira • raño • rapa • rapeta • rasca • rasco • raspa • raspeta • raspita • rasqueta • rasquete • rasquiño • rasto • rastro • recú • rinseiro de nasas • sacho • salabardo • sardiñal • tala • tanga • tanza • tarrafa • trasmallo • trueiro • truel • vaca • veta • viturón ou voitirón • *voiturón • volanta • xeito |
Outras denominacións e artes | cedazo • chinche • trilla • sacada • secada • sisga • trabuquete • *xábega • xávega |
Termos relacionados | |
Tecnoloxía | Elementos básicos: anzol; rodel • boia/flotador • lastre/chumbo • resón/rezón/rizón • áncora Rede e partes: rede: malla • pano • peza; cope/copo • coroa • mesa • manga • viseira • bocana • perna/á/banda • ?batadero • dosena Cordiame e cables: cordiame; relinga • tralla • cala • calón/cúa • vento • xareta Outros: porta • retranca/tangón |
Embarcacións | |
As denominacións en cursiva, aínda que posiblemente válidas, non son as contempladas polo Decreto 424/1993 da Xunta de Galicia (DOG nº13 de 20/01/1994) e non está confirmada e documentada (de momento e coa referencia dada) a súa equivalencia co resto. As precedidas de asterisco (*), están especificamente proscritas polo VOLG. Así por exemplo, palangrillo está no DOG pero non no VOLG. |