Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1931 A Meda, España |
Morte | 10 de febreiro de 2011 (79 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | teólogo , lingüista |
Lingua | Lingua castelá |
Edelmiro Bascuas López, nado na Meda (Castroverde) o 15 de abril de 1931 e finado na Coruña o 10 de febreiro de 2011, foi un teólogo e lingüista galego.
Estudou no seminario de Mondoñedo, e pasou a ser mestre de grego e francés no propio centro. En 1957 graduouse en Teoloxía na Universidade de Salamanca, e en 1968 licenciouse en linguas clásicas na Universidade de Madrid. Aprobou oposicións a cátedra, e exerceu como profesor de grego no ensino medio en Valencia e no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña.
Colaborou en publicacións como Veleia, Estudios Mindonienses, Studi Celtici, Paleohispánica ou Verba.