![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Elvira Bao Maceiras ![]() 1890 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 26 de abril de 1971 ![]() A Coruña, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestra ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Bernardino Varela do Campo ![]() |
Elvira Bao Maceiras, nada na Coruña en 1890 e finada na mesma cidade o 26 de abril de 1971,[1] foi unha mestra galega e militante do nacionalismo e republicanismo.
En 1906 obtivo o título de Mestra Elemental na Escola Normal da Coruña. Desenvolveu a súa actividade docente na Escola de Redes e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora.
No ámbito político, foi unha activa militante do galeguismo e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña, sendo Secretaria da súa Xunta Directiva en 1918 e colaborou tamén no seu Cadro de Declamación como actriz. Foi proposta como mestra da escola feminina das Escolas de Ensino Galego creadas polas Irmandades na Coruña. Porén, non puido exercer o cargo pola falta de solicitudes[2] e a repentina enfermidade dos seus pais.[3] Foi membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933 e foi presidenta da primeira Xunta Directiva, integrada por outras destacadas republicanas como Amparo López Jeán. Como consecuencia do seu activismo político, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público. En 1945 puxo escola privada na súa casa do barrio coruñés de San Roque de Fóra até que un desprendemento de retina lle impediu o exercicio da profesión.
O 8 de marzo de 2017 inaugurouse na Coruña unha praza co seu nome[4] e ao ano seguinte unha residencia universitaria.[5]
Casou con Bernardino Varela do Campo en 1923,[6] e foi nai de Elvira e de Bernardino Varela Bao.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elvira Bao ![]() |