Evelina Hervella
Nacemento21 de setembro de 1908
Lugar de nacementoO Barco de Valdeorras
Falecemento14 de xaneiro de 2007
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfarmacéutica
PaiAntonio Hervella Ferreira
CónxuxeFrancisco Fernández del Riego
IrmánsPedro Tertuliano Hervella Nieto
editar datos en Wikidata ]

Evelina Lucila Crisóstoma Hervella Nieto, nada no Barco de Valdeorras o 21 de setembro de 1908 e finada en Vigo o 14 de xaneiro de 2007,[1] foi unha farmacéutica galega.

Traxectoria

Filla de Antonio Hervella Ferreira. Fixo o Bacharelato no Instituto de Ourense entre 1917 e 1927. Marchou a Madrid para facer o curso selectivo de Ciencias (1927-28). Permaneceu dous cursos máis na Universidade Central de Madrid (1928-30) e posteriormente trasladou o expediente a Oviedo, onde fixo o curso 1931-32. Volveu trasladar o expediente á Universidade de Santiago de Compostela, onde estudou de 1933 a 1936. Non chegou a exercer como farmacéutica.

Vida persoal

Casou con Francisco Fernández del Riego. Non tivo fillos.

Notas

  1. Atlántico Diario, 15-1-2007, p. 60.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas