Fantastic Four (Os Catro Fantásticos) son un grupo de superheroes que obteñen os seus poderes ó sufrir un baño de raios cósmicos nun viaxe a Marte. Pertencen ó Universo Marvel de Marvel Comics, e a súa aparición significa o relanzamento do mundo dos cómics de superheroes que tivera o seu precedente nos anos trinta.

Composición

[editar | editar a fonte]

Todos eles son celebridades e doadamente recoñecidos polos cidadáns de Nova York. Utilizan diversos vehículos deseñados polo doutor Reeds, o máis famoso é o Fantasticar, que se pode dividir en seccións individuais para cada membro do grupo.

Historia

[editar | editar a fonte]

Creados en 1961 por Stan Lee e Jack Kirby, ó tempo que Spiderman. Afastándose da concepción tradicional dos superheroes clásicos (tipo Flash Gordon ou Buck Rogers), estes novos superheroes tiñan relacións de parentesco e mesmo amorosas entre eles, o que fixo fidelizar ó público ás súas historias.

Os 4 fantásticos (Fantastic Four, no orixinal), vivían as súas aventuras no espazo exterior, tomando contacto con razas alieníxenas e enfrontándose a malvados míticos como o Doutor Morte ou Galactus. De cando en vez, outros superheroes os axudaban nas súas misións, tal é o caso de Pantera Negra, Estela Prateada ou Alicia Masters. A aparición de moitos secundarios, a incorporación doutras personaxes nas coleccións, enriqueceron o que remataría por chamarse Universo Marvel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]