Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. o contido do artigo non concorda co dos artigos cos que está ligado a través das ligazóns interlingüísticas Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2023)

Fly-By-Wire, ou Voo-Por-Cables, é un sistema de control de voo que consiste en controlar de maneira remota un proxectil, avión ou nave a través dun arame que transporta datos de control de voo. O sistema consiste nas superficies de control de voo, o sistema de manexo na cabina de control, o enlace físico e os mecanismos necesarios para controlar unha aeronave en voo. É necesario diferenciar entre os sistemas aeronáuticos dispoñibles para civís e o sistema do mesmo nome utilizado pola milicia para controlar mísiles de curto alcance. Este artigo refírese a esta última definición.

O sistema de voo por cable utilizado pola milicia consiste nun mísil, lanzado por medios convencionais, que queda unido á súa plataforma lanzadora a través dun par de arames, os cales lle permiten ao operador controlar as superficies de control, de xeito que é posible guiar o mísil cun grao de exactitude considerable cara ao seu obxectivo. O sistema é de curto alcance, cunha distancia de 500 a 1500 metros dende a súa base. Xeralmente o mísil conta cunha cámara que lle permite ao operador verificar a súa dirección de voo.

As vantaxes deste sistema son inmellorables, dado que, ao estar o sistema de control fóra do mísil, este non ten que ser intelixente, sendo máis económico; o inimigo non pode bloquear nin interceptar os sinais do operador; e a súa exactitude é comparable ao do operador que o manexe. Porén, o mísil debe de ser forzosamente de alcance curto, xa que dous arames deben despregarse xunto con el.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.