Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1979 (45 anos) Talín, Estonia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estonia |
Altura | 196 cm |
Peso | 120 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Nacionalidade deportiva | Estonia |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Lanzamento de disco |
Participou en | |
2016 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
Premios
| |
Gerd Kanter, nado en Tallinn o 6 de maio de 1979, é un atleta estoniano, especialista en lanzamento de disco.
Con 25 anos conseguiu a mínima para participar nos Xogos de Atenas de 2004, pero daquela non puido meterse na final. Ao ano seguinte, en 2005, foi cando pasou á primeira plana do disco mundial, cando conseguiu a medalla de prata nos mundiais de Helsinqui, cando gañou a final mundial da IAAF, cando se impuxo nunha proba da Copa de Europa e cando venceu tamén na Universíada. Ademais, superou a fronteira dos 70 metros tamén por primeira vez nese ano.
O 4 de setembro de 2006 manda o disco a 73,38 m, conseguindo a terceira mellor marca da historia por detrás dos rexistros do alemán oriental Jürgen Schult (74,08 m en 1986) e do lituano Virgilijus Alekna (73,88 m en 2000), e está considerado a maior esperanza para bater a histórica marca de Schult. O 28 de agosto de 2007 proclamouse campión do mundo en Osaca cun lanzamento de 68,94 m.
Predecesor: Virgilijus Alekna |
Campión do mundo de atletismo disco 2007 en Osaca |
Sucesor: - |
O seu adestrador é o islandés Vésteinn Hafsteinsson.