Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de marzo de 1927 Shawnee, Estados Unidos de América |
Morte | 4 de outubro de 2004 (77 anos) Ventura, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | párkinson |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Escola de Pilotos de Probas da Forza Aérea dos Estados Unidos Universidade do Havaí (pt) Murray High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta (1959–1970), enxeñeiro , oficial , aviador , Enxeñeiro de aviación , piloto de probas , piloto de automobilismo |
Empregador | NASA, astronauta |
Carreira militar | |
Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América e Corpo de Marines dos Estados Unidos |
Rango militar | Coronel |
Tempo no espazo | 9 días, 9 horas e 14 minutos |
Misión do astronauta | |
Deporte | automobilismo |
Familia | |
Cónxuxe | Trudy Olson (1947–1971) |
Premios | |
Leroy Gordon "Gordo" Cooper Jr., nado en Shawnee, Oklahoma, o 6 de marzo de 1927 e finado o 4 de outubro de 2004 en Ventura, California, foi un astronauta norteamericano.[1][2]
Cooper completou os seus estudos de primaria e secundaria entre o seu fogar natal, Shawneee, e Murray (Kentucky). Graduouse en enxeñería aeronáutica polo Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea en 1956. Recibiu un doutoramento honorario en ciencias pola Universidade da cidade de Oklahoma en 1967.[1][2]
Cooper xa era coronel da Forza Aérea cando foi seleccionado como astronauta do proxecto Mercury en abril de 1959. Entre o 15 e o 16 de maio de 1963 pilotou a cápsula Faith 7 durante a misión Mercury-Atlas 9, a última da serie de voos Mercury, cunha duración de 34 horas e 20 minutos. Foi tamén piloto da misión Gemini 5, que foi lanzada o 21 de agosto de 1965 e tivo unha duración de 190 horas e 56 minutos. Foi piloto de reserva para a misión Gemini 12 e comandante de reserva para a misión Apollo 10. Retirouse da NASA e da Forza Aérea en 1970.[1][2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gordon Cooper |