Graciano Leivas Freire
Nacemento1909
Lugar de nacementoMondoñedo
Falecemento1991
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Graciano Leivas Freire, nado en Mondoñedo en 1909 e finado en 1991, foi un mecánico e político galego.

Traxectoria

Fillo de Graciano Leivas Gallego, fundador dos Talleres Leivas. Militante socialista, na República foi tesoureiro da Agrupación Socialista de Mondoñedo (1932) e en 1936 secretario da mesma, que presidía Luís Trigo Chao. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Mondoñedo o 8 de agosto. Permaneceu no cárcere de Mondoñedo até o 3 de setembro de 1937, cando foi trasladado á Coruña. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 con José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Alfredo Martínez Martínez, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria, foi condenado a cadea perpetua. Nos anos corenta participou no intento de reorganización do PSOE en Lugo e na Coruña con Manuel Cobas Rodríguez, Luis Fernández del Valle, José Mateo Mariñas Ferrero, Antonio Vidal Vilas e outros. Foi detido con Manuel Cobas o 25 de xullo de 1945 acusado de actividades clandestinas de tipo socialista.[1]

Notas

  1. "Reorganización y proceso de estructuración del sindicalismo socialista en Galicia" / Guillerme Pérez Agulla e Rogelio Pérez Poza, in Análisis históricos del sindicalismo en España. Del Franquismo a la estabilidad democrática (1970‐1994)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas