ISEE 2 / International Sun-Earth Explorer 2 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | NASA/ESA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 22 de outubro de 1977, 13:53 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Delta 2914[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral, rampla 17B[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo das partículas e campos magnéticos da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción.[1][2] |
Decaemento | 26 de setembro de 1987[4] |
NSSDC ID | 1977-102B |
Masa | 165,78 kg[1] |
Potencia | 112 W[1] |
ISEE 2, acrónimo de International Sun-Earth Explorer 2, foi un satélite artificial colaboración da NASA e da ESA lanzado o 22 de outubro de 1977 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[1][2][3]
ISEE 2 foi parte dunha flotilla de tres naves (xunto con ISEE 1 e ISEE 3) para estudar os campos e partículas da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción. As tres naves fixeron medicións en diferentes partes do espazo, das proximidades terrestre ao espazo interplanetario. A chamada parte nai/filla da misión consistía de ISEE 1 e 2 orbitando a Terra en proximidade a unha da outra para facer medicións simultáneas da variación dos campos e partículas interactuando entre o sistema Terra-Sol.[1][2][3]
A nave estabilizábase mediante xiro a 19,8 r.p.m., co eixo de xiro case perpendicular ao plano da eclíptica. Tiña unha masa de 165,78 kg e forma Cilíndrica, co corpo cuberto de células solares que producían ata 112 W de potencia. Tanto ISEE 2 como ISEE 1 reentraron na atmosfera o 26 de setembro de 1987.[1][2][3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ISEE 2 |