Iate atracado na dársena da Coruña, preto das Galerías

Un iate (do holandés Jacht) é unha embarcación de recreo, é dicir, para o uso e gozo unicamente lúdico, construída respectando o principio de Arquimedes para manterse na superficie da auga. A súa propulsión pode ser:

Realmente, o termo iate pódese aplicar a calquera embarcación de recreo, pero utilízase especificamente para referirse ás embarcacións de recreo de máis categoría. É dicir, aquelas de maior eslora, maior potencial deportivo (cruceiros de roza), ou maiores prestacións no que se refire a cabinas, cubertas, e elementos accesorios.

Tipos segundo o seu casco

Poden ser monocasco ou multicasco, como os catamaráns ou os trimaráns.

Licenzas

Segundo a eslora ou a potencia do motor que teña, será necesaria a licenza correspondente, sendo a que capacita para utilizar calquera tipo de iate e a calquera distancia da costa a licenza de capitán de iate.

Véxase tamén