Modelo:Xeografía políticaIparralde

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°19′18″N 1°21′00″O / 43.321619, -1.349944Coordenadas: 43°19′18″N 1°21′00″O / 43.321619, -1.349944
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAquitania-Lemosín-Poitou-Charentes
DepartamentoPireneos Atlánticos Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación301.389 Editar o valor em Wikidata (101,96 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie2.956 km² Editar o valor em Wikidata

Iparralde[1] (en éuscaro Parte Norte), País Vasco Norte, País Vasco francés ou País Vasco continental son algúns dos diferentes nomes para facer referencia a aqueles territorios do histórico País Vasco baixo administración francesa, en contraposición a aqueles que están baixo administración española, o Hegoalde.

O Iparralde comprende aproximadamente a metade occidental do departamento francés dos Pireneos Atlánticos, e está formado polas tres provincias históricas de Baixa Navarra (en éuscaro: Nafarroa Beherea, en francés: Basse-Navarre), Lapurdi (en francés: Labourd) e Zuberoa (en francés: Soule).

Ademais do francés, lingua oficial, fálase no seu territorio éuscaro. Malia non ter oficialidade, aínda que si ten un recoñecemento secundario nalgúns eidos coma a educación e as institucións.

A cidade máis importante é Baiona. Outros concellos destacados son Biarritz, Hendaia ou Maule.

Territorio

En amarelo as tres provincias que forman o País Vasco francés.

O departamento dos Pireneos Atlánticos divídese en tres distritos (arrondissements): Baiona, Oloron-Sainte-Marie e Pau. O País Vasco francés comprende por completo o de Baiona e os cantóns de Tardets-Sorholus e Mauléon-Licharre no de Oloron-Sainte-Marie.

O País Vasco francés comprende tres territorios históricos existentes antes da división departamental de Francia en 1789, con certas modificacións:

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para éuscaro.