Isaura Usero Souto
Nacemento10 de setembro de 1913
Lugar de nacementoO Carballiño
Falecemento1 de outubro de 2004
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncatedrática de bacharelato
editar datos en Wikidata ]

Isaura Aurea Usero Souto, nada no Carballiño o 10 de setembro de 1913 e finada o 1 de outubro de 2004 na Coruña,[1] foi unha das primeiras universitarias galegas.[2][3]

Traxectoria

Isaura Usero estudou na Facultade de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela en 1929 rematando a súa formación no curso de 1939-40. Pertenceu á Sociedade Española de Física e Química, sendo presentada por Natividad Mejuto e María de la Concepción Carnero no ano 1933.[2]

Foi expedientada polo réxime franquista e posteriormente rehabilitada en 1942.[4] Traballou como profesora na Academia Balmes de Lugo e como profesora de Matemáticas do Instituto Feminino de Bacharelato de Lugo.[4]Fóra de Galicia traballou como profesora de Física e Química do Instituto Masculino de Salamanca nos anos 60.[5] En 1980 obtivo a cátedra de bacharelato da materia de Matemáticas do Instituto da Coruña onde traballou ata a súa xubilación.[4]

Notas

  1. Fernández García (2021)
  2. 2,0 2,1 Pintos (2016)
  3. Galante, Rosa María Cid (2012-09-29). "Historia das nosas mulleres ourensás: ISAURA AUREA SOTO". Historia das nosas mulleres ourensás. Consultado o 2021-07-12. 
  4. 4,0 4,1 4,2 García, María Isabel Fernández; Noya, Ana María González; Maneiro, Marcelino Maneiro; Fórneas, Esther Gómez; Silva, Laura Rodríguez; Méndez, Lara Rouco (2019). "Abrindo camiños: as nosas pioneiras de ciencias". (Re)construíndo o coñecemento. Universidade de Santiago de Compostela. p. 99–112. ISBN 978-84-9749-758-9. 
  5. "Orden de 16 de mayo de 1964 por la que se asciende a los Profesores adjuntos numerarios de Institutos Nacionales de Enseñanza Media que se citan a las categorías y con los sueldos que se mencionan.". Boletín Oficial del Estado (en castelán) (52): 8258. 1964-06-25. BOE-A-1964-10239. 

Véxase tamén

Bibliografía