Josefa Iglesias Vilarelle
Nome completoJosefa Iglesias Vilarelle
Nacemento1883
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecementoxaneiro de 1966
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpedagoga
IrmánsAntón Iglesias Vilarelle
Na rede
Galiciana: 360683
editar datos en Wikidata ]

Josefa Iglesias Vilarelle, nada en Santiago de Compostela en 1883 e finada en Pontevedra a finais de xaneiro de 1966,[1][2] foi unha mestra e pedagoga galega.

Traxectoria

Viviu dende nena en Pontevedra e fixo alí o estudos de Maxisterio que rematou en 1901. Acadou a praza de mestra en 1908 exercendo en Carnota, e anos despois en Mourente. Estivo vencellada, como o seu irmán Antón, á Dereita Galeguista e ao Seminario de Estudos Galegos.[2][3]

En 1932 publicou Método de lectura (Pontevedra: SEG, imp. Paredes)[4], o primeiro manual para o ensino da lectura e escrita do galego.[5] Manual de interese didáctico, é etimoloxista en canto á representación gráfica, e está deseñado na liña das cartillas de lectura escolares que promovía a II República española.

Notas

  1. La Noche, 1-2-1966, p. 9.
  2. 2,0 2,1 Marco, Aurora (2020)
  3. "Mulleres Socias Activas e Socias Proctectoras no SEG". Almanaque das irmandades. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2019. Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  4. Iglesias Vilarelle, Josefa; Seoane, Luís; Antúnez, Xulio (1932). Método de lectura. s.l.: Seminario de Estudos Galegos. 
  5. Costa Rico, Antón (2010). "O Seminario de Estudos Galegos: laboratorio dun plan pedagógico para Galicia" (PDF). Sarmiento: Anuario Galego de Historia da Educación (14): 47. ISSN 1138-5863. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas