![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1800 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 26 de outubro de 1893 ![]() A Coruña, España ![]() |
Alcalde | |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Progresista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Juan Montero Telinge, nado en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1800[1][2] e finado na Coruña o 26 de outubro de 1893, foi un político galego.
Pertenceu á Milicia Nacional e acadou o grao de sarxento. Militou no Partido Liberal[3] e estivo exiliado. Foi alcalde da Coruña no Bienio Progresista (1854-1855) e deputado a Cortes (1869-1871). Foi elixido senador pola provincia da Coruña (1872-1873) e senador vitalicio (1884-1885). Era comerciante na Coruña. Foi membro da loxa La Herculina nº 10.
Publicou en 1844 "Rosa y Pascual. Cuento gallego", transcrito como "Rosa e Pascual" por Uxío Carré Aldao en Literatura gallega (1911).[4][5] É un conto en quintillas de literatura popular picaresca inspirada nos mandamentos referentes á libido.[6]
Predecesor: Juan Flórez |
![]() Alcalde da Coruña 1854 – 1855 |
Sucesor: ' |