Lagarto das silvas | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Lacerta schreiberi Bedriaga, 1878 | |||||||||||||||
Distribución na Península Ibérica
|
O lagarto das silvas[1] ou lagarto das silveiras[2][3] (Lacerta schreiberi, Bedriaga, 1878) é unha especie da familia Lacertidae.
É un lagarto de cabeza curta e ancha; a cola é o dobre de longa cá lonxitude do corpo. Esta especie, en xeral, é verde e co abdome amarelento. Os machos, ademais conteñen unha coloración case negra, substituída nas femias por unha cor parda e na época de celo o macho ten o pescozo azulado. A súa lonxitude total non supera os 4 dm. Cando é perseguido non dúbida en gabear ás árbores. Só vive nas montañas do oeste da Península Ibérica. Tende a habitar en lugares húmidos, como nas beiras dos ríos. A alteración do seu hábitat está a provoca-la mingua da súa poboación.
O nome da especie é unha homenaxe ao zoólogo austríaco Egid Schreiber (1836-1913).[4]
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |