Lamas
Escola de Lamas
ConcelloCospeito[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°10′46″N 7°33′03″O / 43.17938889, -7.55075Coordenadas: 43°10′46″N 7°33′03″O / 43.17938889, -7.55075
Área5 km²
Poboación61 hab. (2019)
Densidade12,2 hab./km²
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Lamas é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, pertencente ao arciprestado da Terra Chá. Está delimitada polas parroquias de Cospeito e Xermar polo Norte; Vilar e Bestar polo Sur; Triabá polo Leste e Arcillá polo Oeste.

En 2011 tiña 73 habitantes repartidos en 5 km² (14,6 hab/km²) e agrupados nas entidades dos Currás, O Rebordelo e O Toxal, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 98 habitantes.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.[2]

Historia

[editar | editar a fonte]

No ano 1602 o bispo de Mondoñedo, Aloito, cedeu varias freguesías da súa xurisdición a Pedro, bispo de Lugo. No ano 1484 os Reis Católicos ordenaron a Diego López de Ares a venda do lugar co fin de sufragar os gastos polo cerco da Torre de Caldaloba.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Lamas

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Lamas no concello de Cospeito (Lugo)

Os Currás | O Rebordelo | O Toxal | Os Trobos

Parroquias de Cospeito

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cospeito

Arcillá (San Paio) | Bestar (Santa María) | Bexán ou Rubiños (San Paio) | Cospeito (Santa María) | Goá (San Xurxo) | Lamas (San Martiño) | Momán (San Pedro) | Muimenta (Santa Mariña) | Pino (San Martiño) | Rioaveso (Santalla) | Roás (San Miguel) | Santa Cristina (San Xiao) | Seixas (San Pedro) | Sisoi (Santalla) | Sistallo (San Xoán) | Támoga (San Xiao) | Vilapene (Santa María) | Vilar (Santa María) | Xermar (Santa María) | Xustás (Santiago)

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]