Langon (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
Departamento | Xironda | ||||
Distritos | arrondissement of Langon (en) | ||||
Cantón | canton of Langon (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.345 (2021) (535,74 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921269 Q24933440 | ||||
Superficie | 13,71 km² | ||||
Bañado por | Río Garona | ||||
Altitude | 23 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33210 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | langon33.fr |
Langon (en gascón, Lengon) é un concello francés, situado no departamento da Xironda e a rexión da Aquitania, capital de distrito electoral.
Os seus habitantes teñen o xentilicio de langoneses.
A cidade de Langon, e a súa área urbana no Sul-Gironda, atópase a 48 km ao sur leste de Bordeos na beira esquerda do Garona, preto do límite entre viñedos das Graves e o linde das Fragas das Landas.
Tradicionalmente parada da estrada Bordeos a Tolosa, a vila é hoxe en día comunicada pola SNCF, estación de Langon da liña de Bordeos a Sète, e pola autoestrada dos Dous Mares (A62) de Bordeos a Tolosa.
A historia da cidade non se desliga da de Bazas, quince quilómetros ao sur, importante centro militar e relixioso da antigüidade ata o século XVIII, da que Langon era o seu porto no río Garona, rivalizando en tempo co de Bordeos. Aproveitando a súa situación privilexiada en torno a un cóbado do río, na confluencia co Brion, Langon pasa a ser unha cidade con mercado, da estrada entre Bordeos e Agen. Conta con dúas freguesías dende o século XII, Nosa Señora e Santo Xervasio, formando dous barrios unidos da vila.
Langon salienta polo viño, do que obtivo beneficio e tamén polo porto, no cruzamento do Sauternais e das Graves. Entra nun decline relativo a partir do século XVIII, perdendo a súa diocese despois da Revolución francesa, o seu tribunal de grande instancia no século XX, e boa parte dos seus artesáns, mais Langon coñece unha repunta comercial e industrial. En 1923, os distritos de Bazas e La Réole fusiónanse, e Langon recupera a sub-prefectura.
Culturalmente, Langon sitúase no área do gascón. O nome da cidade en Gascón é Lengon (pronunciado Lengún). E forma parte da rexión histórica do Bazadais.
O escudo da cidade contén, en fondo de ouro, tres barras verticais vermellas.
A aglomeración de Langon conta (nun perímetro idéntico ao do 1999) con 10.568 habitantes en 2006, un 18 % máis ca en 1999, cando tiña 8.975 habitantes. As outras comunidades da aglomeración son Toulenne (2.405 habitantes) e Saint-Pierre-de-Mons (1.028 habitantes). A área urbana conta (nun perímetro idéntico ao do 1999) con 13.687 habitantes en 2006 contra 11.423 habitantes no censo de 1999 sendo un aumento do 20% e tres comunidades máis: Fargues (1.526 habitantes), Roaillan (1.096 habitantes) e Saint-Pardon-de-Conques (497 habitantes). O crecemento demográfico, debido ao establecemento da aglomeración de Bordeos, é actualmente sostido, e debería traducirse nun aumento nas cifras do vindeiro censo.
A cidade dispón dunha delegación da Cámara de comercio e industria de Bordeos.
A autoestrada A65, en construción dende xuño de 2008, vai unir Langon e Pau.
O xornal republicano Sud-Gironde, instalouse en Langon dende o comezo dos anos 1990.
Langon é sede dunha subprefectura, un centro hospitalario (Général Pasteur), un servizo provincial de bombeiros, un posto policial, unha estafeta de correos, unha recadación tributaria, unha casa de retiro, unha oficina de turismo e unha oficina de emprego.