Leticia Iglesias
Nome completoLeticia Iglesias García
Nacemento27 de decembro de 1979
Lugar de nacementoO Carballiño
NacionalidadeEspaña
EtniaRaça Mediterrânea
Alma máterFacultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela e Instituto de Empresa
Ocupaciónxornalista, presentadora de televisión, director of communications e presentadora de novas
Na rede
IMDB: nm14665376 Twitter: LeticiaIG Instagram: leticiaiglesiasg LinkedIn: leticia-iglesias-garcía-b623b0b7 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Leticia Iglesias García[1], nada no Carballiño en 1979, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.[2]

Traxectoria

Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela.[3] Cursou un mestrado en Xornalismo Audiovisual e especializouse en Economía e Finanzas polo Instituto de Empresa.[2]

Comezou a traballar facendo prácticas en Televisión Española e Radio Galega. Despois estivo no canal de televisión Expansión TV como correspondente da Bolsa de Madrid, e en 2004 pasou a CNN+ na sección de economía[3], e compaxinou o seu traballo de redacción coa presentación de Globoeconomía.[2] En 2005 incorporouse á edición dos informativos de CNN+, e en xuño de 2011[3] foi contratada polo grupo de comunicación Mediaset España para presentar o informativo matinal de Telecinco.[4][5] En novembro de 2014 foi nomeada Directora de Comunicación de Coca-Cola.[6] En xullo de 2017 incorporouse a Mediaset España, Informativos Telecinco como presentadora substituta e editora do primeiro informativo da cadea.

Vida persoal

O 29 de setembro de 2012 casou con Juan Tejón Borbón —neto de Leandro de Borbón— no Pazo de San Lourenzo.[7]

Recoñecementos

Notas

  1. Perfil de Linkedin de Leticia
  2. 2,0 2,1 2,2 Telecinco, ed. (20 de xullo de 2012). "De tiendas con… Leticia Iglesias". Mediaset España Comunicación. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 cuatro.com, ed. (6 de marzo de 2009). "Leticia Iglesias". Mediaset España. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  4. Redacción (23 de xaneiro de 2011). El economista, ed. "Las candidatas de Telecinco para cubrir la 'vacante' en sus informativos". Ecoprensa. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  5. Vertele, ed. (8 de agosto de 2012). "Ana Pastor debe fichar por laSexta". Lavinia Editorial. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  6. Redacción (21 de novembro de 2014). PRComunicación, ed. "Coca-Cola nombra nueva directora de comunicación a Leticia Iglesias, periodista de T5". PRNoticias. Consultado o 21 de novembro de 2014. 
  7. Fernández, Luis (3 de outubro de 2012). "La otra boda de Leticia con un Borbón". elconfidencial.com. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  8. Redacción (5 de setembro de 2012). Vertele, ed. "Marca TV, Ramón García, Leticia Iglesias, Sandra Sutherland y Roberto Leal, Antenas de Plata 2012". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 26 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas