Algonquino Anicinâbemowin | ||
---|---|---|
Falado en: | Canadá | |
Rexións: | Quebec e partes de Ontario | |
Total de falantes: | 3.330 (censo de 2016)[1] | |
Familia: | Linguas álxicas Linguas algonquinas Linguas algonquinas centrais Lingua anishinaabe Algonquino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningún lado | |
Regulado por: | Non está regulada | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | alg | |
ISO 639-3: | alq
| |
Mapa | ||
En verde, o territorio histórico da lingua algonquina. | ||
Status | ||
O algonquino[3] é unha lingua do grupo algonquino falada polo pobo algonquino que habita no Canadá. Próxima ao ojibwa, algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua.[4] O algonquino ten unha morfoloxía polisintética complexa, organiza o verbo nunha serie de catro clases en torno a unha polaridade «animada/inanimada». (Os verbos son transitivos ou intransitivos dependendo se as clases son inanimadas ou animadas). Outra orixinalidade desta lingua é o marcador «directo-inverso» que segue a terminación do verbo e que depende se a persoa que o utiliza é o suxeito ou o obxecto da acción.
Fálase en 10 reservas e territorios indios do suroeste do Quebec e na zona de Maniwaki e Golden Lake en Ontario.
Segundo o censo de 2006 había 2020 persoas que tiñan o algonquino como lingua materna, chegando a 2560 as persoas que podían manter unha conversación[5]. Non todos os falantes viven en reservas e hai que ter en conta que algúns definen a lingua que falan como amerindia ou lingua do grupo algonquino, polo que o número de falantes é superior ao censado.
No Quebec hai 2500 falantes (1880 como lingua materna):
En Ontario hai 65 falantes:
O algonquino estúdase como materia en preescolar e en primaria. Hai tamén cursos para adultos nalgunha das reservas.
Bilabial | Alveolar | Postalveolar | Velar | Glotal | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Oclusiva | sonora | b [b] | d [d] | g [g] | ||
xorda | p [p] | t [t] | k [k] | |||
aspirada | p [pʰ] | t [tʰ] | k [kʰ] | |||
Africada | sonora | dj [ʤ] | ||||
xorda | tc [ʧ] | |||||
Fricativa | sonora | z [z] | j [ʒ] | |||
xorda | s [s] | c [ʃ] | h [h] | |||
Nasal | m [m] | n [n] | ||||
Aproximante | w [w] | y [j] |
: curtas
|
: longas
|