Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1921 Probolinggo, Indonesia (pt) |
Morte | 7 de marzo de 2008 (86 anos) Leiden, Países Baixos |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Educación | Universidade de Leiden |
Actividade | |
Campo de traballo | Carcinoloxía |
Ocupación | biólogo , zoólogo , carcinólogo , botánico |
Empregador | Museu de História Natural de Leiden (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa, lingua latina e lingua neerlandesa |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Holthuis |
Lipke Bijdeley Holthuis, nado o 21 de abril de 1921 en Probolinggo, provincia de Jawa Timur (Xava oriental), Xava, Indonesia e finado o 7 de marzo de 2008 en Leiden, Países Baixos,[1] foi un carcinólogo holandés, considerado como un dos máis grandes de entre eles,[2] e "o máis importante carcinólogo do noso tempo".[3]
Estudou na metrópole, obtendo en 1946 o título de doutor en ciencias na universidade de Leiden.
Foi conservador asistente no Rijksmuseum van Natuurlijke Historie, ocupando este posto até a súa xubilación en 1986 coa categoría de conservador senior.
Holthius foi o máis prolífico carcinólogo do século XX, publicando 620 artigos (108 dos cales en Leiden Museum Journals) totalizando 12 795 páxinas, cunha media de 185 páxinas ao ano e de 21 páxinas por artigo. Estas publicacións versan sobre a maioría dos grupos de crustáceos, a súa historia natural e nomenclatura, e sobre a historia da carcinoloxía.[4][5][6]
Este fluxo constante de publicacións deu lugar á descrición de 428 novos taxa:
67 taxa foron denominados na súa honra entre 1953 (Hippolyte holthuisi) e 2009 (Caridina holthuisi, Lysmata holthuisi).[7]