Nomeado en referencia a | Lotário II da Lotaríngia (pt) ![]() ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Poboación | ||||
Lingua oficial | Old Frisian (en) ![]() ![]() | |||
Relixión | Cristianismo Ocidental (pt) ![]() ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 855 (Gregoriano) ![]() | |||
Disolución | 959 (Gregoriano) ![]() | |||
Lotarinxia é o nome que se lle deu ao territorio do Imperio Carolinxio que lle correspondeu ao emperador Lotario I, fillo de Lois o Piadoso e neto de Carlos o Grande, despois do Tratado de Verdún no ano (843).
Tal territorio era unha longa franxa de terra que se estendía desde o Mar do Norte até a Península Italiana e ficaba comprendida entre os territorios que corresponderan aos seus irmáns: Francia occidental para Carlos o Calvo e a Francia oriental ou Xermania para Lois o Xermánico.
A Lotarinxia inicial cubría o que é hoxe:
Estes territorios encaixaban dificilmente entre si, de xeito que tras a morte de Lotario (855) foron repartidos entre seus tres fillos:
Cando no 869 morre Lotario II, os seus territorios, é dicir a parte máis setentrional da Lotarinxia orixinaria , foron repartidos entre os seus tíos, Lois e Carlos, polo que se redefiniron as fronteiras acordadas en 843, por medio dun novo acordo: o tratado de Meerssen de 870.
A partir de Henrique I o título real ficou asociado ao emperador do Sacro Imperio, entanto a administración do territorio foi asignada aos duques da Alta e Baixa Lorena.
Xa no século XVI, durante o reinado do emperador Carlos V volveron a axuntarse moitas daquelas terras baixo unha soa coroa que, ao abdicar Carlos e retirarse para o Mosteiro de Yuste, foron desgregadas do Imperio Xermánico, ao deixarllas en herdo ao seu fillo Filipe II, rei de España, que gobernaba a única potencia do momento capaz de mantelas unidas. Novamente quedou demostrada a artificiosidade de tal unión.