Loureda | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Loureda. | |
Concello | Arteixo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′35″N 8°29′22″O / 43.293, -8.4895Coordenadas: 43°17′35″N 8°29′22″O / 43.293, -8.4895 |
Área | 15 km² |
Poboación | 1.612 hab. (2016) |
Densidade | 107,47 hab./km² |
Entidades de poboación | 27[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Loureda é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1612 habitantes (794 homes e 818 mulleres), 401 máis ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.
A festa patronal de Loureda é a Nosa Señora, o 15 de agosto. No mes de xuño tamén se celebra o Corpus e, o día 13, Santo Antón. O 16 de xullo festéxase a Virxe do Carme.
En 1921 Uxío Carré Aldao fala en El Ideal Gallego da elaboración dun tipo de pan grande e de forma piramidal chamado Arteixana que se facía con broa e que se condimentaba e vendía no lugar do Foxo.[3] A tradición de produción de pan continúa hoxe, e desde 1975, no lugar de Mins, coa elaboración de moletes e bolas cocidos en forno de leña.[4]
O historiador arteixán Xabier Maceiras documentou a existencia do xogo tradicional chamado Os paquetes, que se iniciou na desaparecida taberna Casa Trigo do Foxo e que se continúa celebrando hoxe no Igrexario[5].
Lugares da parroquia de Loureda no concello de Arteixo (A Coruña) | |
---|---|
Allán | O Atín | Balai | As Barreiras | Cal do Pazo | Campiño | Cancelo | Carril | As Casas Novas | Ervedíns | Fortesende | O Foxo | O Igrexario | Lama Má | Os Laranxos | Loureda | Manoi | Marciñado | Mins | A Ponte do Va | A Queira | Quintán | As Rañeiras | A Rapa | Regocheo | A Rocheira | Santa Locaia | Tis | Val |