Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.
Louredo
O río Miño dende Louredo.
ConcelloCortegada[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°13′23″N 8°08′41″O / 42.22295382, -8.14483827Coordenadas: 42°13′23″N 8°08′41″O / 42.22295382, -8.14483827
Poboación121 hab. (2011)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Louredo, (do latín lauretum, de laurum máis o sufixo abundancia etum, 'lugar onde hai loureiro'; fitotopónimo) é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro, a 345 metros sobor o nivel do mar. No ano 2007 tiña 123 habitantes, dos cales 60 eran homes e 63 eran mulleres, cunha maioría deles con idades superiores a 50 anos (pirámide de poboación invertida). En 2011 tiña 121 habitantes.

Xeoloxía

Nesta parte do concello estableceuse un límite que introduce granito calcoalcalino cambiotita, de gran groso ou medio e sobre o que se forman tors ou bólas, algunhas dela partidas e outras con gnammas (monte da Chairalonga, Menora e Castro). Trátase dun relevo moi degradado con vertentes abruptas e moi erosionadas que caen cara aos ríos Miño e Arnoia respectivamente, en ambas saídas fórmanse corgas de caudal relativo conforme á época do ano, que caen cara aos ríos Miño e Arnoia respectivamente.

Pola parte Sur hai terras arxilosas e ningún penedo, sendo percorrido todo por un cordal desde o alto da Sardiñeira ata o cruzamento da Buratiña. Estes altos baixan coas súas saias ata terras de transición entre o Cadaval, Chan da Pereira e soben cara a Zaparín.

Historia

Prehistoria

Consérvanse preto dos lindes cos montes comunais de Meréns e Rabiño no Coto do Corvo, sobre o vello camiño Rabiño-Louredo, unha rocha con petróglifos en forma de ferraduras e mais outra rocha preto da aldea(no lugar do Campo) con petróglifos en forma de cazoletas sobre o camiño as ardades.

Historia

Suponse que o lugar foi habitado na alta idade Media por colonos do mosteiro de Celanova. Logo o lugar sería subforado ó liñaxe dos Puga, xunto con Meréns e Poulo, aínda que se apunta a que un dos membros desa familia aristocrática arrapañou con eses territorios aló polo século XV e logo ficaría para sempre en mans deles ata ben entrado o século XX.

O pazo de Louredo, pertencente ós Puga é do século XVI, e pertenceu ós Puga como casa de Meréns-Louredo (non confundir coa casa da Torre de Louredo, que é en Toén) que logo os labregos irianlle mercando (do cal se conserva o topónimo Tabolado, = dividir en pequenas partes) no nordeste da aldea. Consérvase unha capela no lugar de Louredo, así como un cruceiro do XVIII no lugar da Torre, outro de mellor factura artesanal no lugar do Pireiro e un peto de ánimas en Louredo, cerca de onde se atopan os restos da escola Pía doada por un Indiano a finais do XIX.

No lugar de Refoxón (foxo=buraco ou fochanca) pasa o camiño vello que unía a aldea co lugar de Remuíño (A Arnoia), por onde pasou Frei Martín Sarmiento[2] no século XVIII na súa viaxe ó priorato de Refoxos. Este camiño foi sempre usado polos labregos para levar o centeo e millo a moer nos muíños do Inquiau (concello de Arnoia), ata que na década de 1970 un veciño instalou un muíño eléctrico e lles aforrou a viaxe. Ese camiño seguía cara á Buratiña (coviña) onde se cruzaba co camiño proveniente de Seixomil e Sáa, tras da montaña do Coto da Forca.

Durante a guerra de Independencia (1808-1814) o seu límite co río Arnoia na corga dos Confurcos formou parte da zona por onde pasou o xeneral Loison tentando varrer a oposición dos guerrilleiros no seu camiño cara a Allariz, así como lugar de paso de varias partidas carlistas a finais do século XIX, como a de Mateo Guillade (morto en Escudeiros, Ramirás).

No ano 1893, Louredo segregouse da parroquia de Rabiño e constituíuse como parroquia independente.[3]

Na década de 1990 comunicouse Louredo coa estrada nacional (tramo da Tella e Cadaval), mentres a xente abandona as actividades agropecuarias pouco a pouco.

Patrimonio

Lugares e parroquias

Lugares de Louredo

Lugares da parroquia de Louredo no concello de Cortegada (Ourense)

Louredo

Parroquias de Cortegada

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cortegada

Cortegada (Santa María) | Louredo (San Xoán) | Meréns (San Cibrán) | Rabiño (San Bieito) | Refoxos (San Breixo) | Valongo (San Martiño) | Zaparín (San Martiño)

Notas

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. "Fr. Martín Sarmiento "viaje a Galicia"
  3. "Reseña histórica". Concello de Cortegada. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos