Manuel Barros Montero
Nacemento1920
Lugar de nacementoRedondela
Falecemento2007
Lugar de falecementoRedondela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Barros Montero, coñecido como Xabelón, nado en Redondela en 1920 e finado no mesmo concello en agosto de 2007, foi un mariñeiro e político galego.

Fragmento das Memorias de Manolo Barros.

Traxectoria

Mariñeiro de Redondela. Militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión, foi condenado a 6 anos de prisión e multa de 2 millóns de pesetas. Preso na illa de San Simón entre 1937 e 1938. Despois pasou á Prisión Provincial de Valladolid, de onde saíu en liberdade condicional en agosto de 1940.[1] Foi elixido concelleiro de Redondela polo PCE nas eleccións municipais de 1983.

Notas

  1. BOE, 22-8-1949, p. 5820.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas