Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Marta Rivera de la Cruz
Nome completoMarta Rivera de la Cruz
Nacemento4 de xuño de 1970
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritora, xornalista, ensaísta, biógrafa, escritora de literatura infantil e política
PaiFrancisco Rivera Cela
Na rede
Twitter: CiudadanaMartaR Dialnet: 322828 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Marta Rivera de la Cruz, nada en Lugo o 4 de xuño de 1970, é unha escritora galega en lingua castelá, ademais de política de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía, colaboradora en diversos medios de comunicación e un dos apoios máis destacados da asociación Galicia Bilingüe. Nas Eleccións xerais de 2015 e nas Eleccións xerais de 2016 foi escollida deputada por Madrid. Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi elixida deputada pola Provincia da Coruña, aos poucos meses renunciou ao escano no Congreso dos Deputados para ocupar o cargo de Conselleira de Cultura e Turismo da Comunidade de Madrid. Tralos malos resultados de Ciudadanos nas Eleccións á Asemblea de Madrid de 2021 abandonou a formación política.

Traxectoria

Formación e comezos literarios

Filla do xornalista Francisco Rivera Cela. É licenciada en Ciencias da Información e especialista en Comunicación Política pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a súa carreira literaria no ano 1996 coa novela El refugio, que resultou gañadora do II Premio de Novela Corta Joven y Brillante 1996.

Dous anos máis tarde, en 1998, obtivo o Premio Ateneo de Sevilla de Novela Joven coa obra Que veinte años no es nada, na que relataba a paixón irrevogable que Luisa sente por un famoso escritor, Cósimo Herrera, vinte anos maior ca ela. Da obra fixéronse cinco edicións.

No ano 2000 publicou dúas novelas: Linus Daff, inventor de historias e Viajar a Chipre.

Cultiva tamén o xénero do ensaio e en 2001 apareceu Fiestas que hicieron historia. Hotel Almirante foi a súa seguinte novela. Publicada en 2002, xira arredor do descubrimento do cadáver dunha moza nun hotel de luxo. Un ano máis tarde, en 2003, a autora publicou Tristezas de amor, unha incursión no xénero do ensaio, e en 2004 Grandes de España.

Así mesmo, a autora escribiu numerosos relatos, coma "El beso del andén".

Finalista do Planeta

En 2006, publicou En tiempo de prodigios, que resultou finalista do Premio Planeta de Novela dese mesmo ano.[1] A novela narra a historia de Cecilia, unha muller á que a vida non lle sorrí pero que descobre unha historia que lle vai contando pouco a pouco o avó da súa mellor amiga, Silvio.

A súa novela La importancia de las cosas publicouse en 2009. Nela, o protagonista é un profesor universitario, Mario Menkell, autor dunha única e exitosa novela, que recibe a nova de que o inquilino do seu piso de alugueiro se suicidou. Tras a sorpresa inicial, a partir das pertenzas do individuo, intentará recompoñer a súa historia.

Outros labores

Ademais de escritora, Marta Rivera de la Cruz desenvolveu a súa actividade como editora: foi responsable da antoloxía Cuentos de Navidad e da última edición da obra de Alejo Carpentier, La ciudad de las columnas. É colaboradora habitual de diversos medios, coma El País Semanal, El Progreso ou o programa de radio Al sur de la semana da cadena COPE.

Papeleta das Xerais de abril de 2019.

Posición verbo da política lingüística

En 2008, Rivera de la Cruz apoiou publicamente[2][3] as teses defendidas pola organización Galicia Bilingüe, que, entre outras pretensións, avoga pola derrogación da Lei de normalización lingüística, garante da igualdade de dereitos entre as linguas galega e castelá no territorio administrativo galego. A escritora luguesa foi unha das caras visíbeis que durante a campaña das eleccións ao parlamento de Galiza en 2009 e posteriormente se manifestou en prol do uso prioritario do castelán no ensino, na administración e nos medios de comunicación, en detrimento do galego.[4]

Carreira na política

Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega.Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa.

Obras

Novelas

Ensaios

Outras colaboracións

Notas

  1. 1,0 1,1 LD/EFE (16 de outubro de 2006). "Álvaro Pombo gana el Premio Planeta con 'La fortuna de Matilde Turpin'". libertaddigital.com (en castelán). Consultado o 16 de oputubro de 2023. 
  2. "Marta Rivera de la Cruz apoia a Galicia bilingüe"". gznacion.com. 19 de abril de 2008. [Ligazón morta permanente].
  3. "Carta de apoyo de Marta Rivera de la Cruz". Galicia Bilingüe (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2018. Consultado o 05 de decembro de 2018. 
  4. Rivera de la Cruz, Marta (7/10/2018). "Toni Cantó tiene razón". El Progreso (en castelán). 
  5. En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas